1-LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DO COMERCIO ELECTRÓNICO
En cumprimento co disposto no art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte información xeral:
Que o dominio www.nespera.gal, a partir de agora “sitio web”, está rexistrado a nome de María Vanessa Rodríguez Fernández, con domicilio social en Praza de Chavián, 2, 5220 Bertamiráns, Ames (A Coruña), con NIF: 32689401-F
O seu contacto é o enderezo de correo electrónico ola@nespera.gal.
2- CONDICIÓNS DE USO
I.- Usuarios/as;
O acceso e/ou uso do sitio web de www.nespera.gal atribúelle a quen o realiza a condición de usuario/a, de maneira que acepta, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva ningunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.
II.- Uso do sitio web, dos seus servizos e contidos;
O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e mais a orde pública.
Do mesmo xeito, queda prohibido o uso do sitio web con fins ilícitas ou lesivas contra O TITULAR ou calquera terceiro/a, ou que poidan causar prexuízo dalgunha forma ou impedir o normal funcionamento do sitio web.
A respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
III.- Modificación unilateral;
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e mais o deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.
IV.- Hiperligazóns;
O establecemento de calquera “hiperligazón” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:
V.- Exclusión de garantías e responsabilidade;
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran traer causa de:
VI.- Duración;
A duración da prestación do servizo do sitio web e mais dos seus servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito a interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo do sitio web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmo termos que se recollen na terceira condición.
VII. Lexislación aplicable e xurisdición;
As presentes condicións xerais estarán rexidas pola lexislación española. María Vanessa Rodríguez Fernández e o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que lle puidese corresponder, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario no relativo a cantas cuestións se puidesen suscitar ou accións se exerciten como consecuencia da prestación do servizo do sitio web e mais dos seus servizos e contidos, así como sobre a interpretación, a aplicación, o cumprimento ou o incumprimento do que aquí se establece.
No suposto de que o/a usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, María Vanessa Rodríguez Fernández e o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que lle puidese corresponder, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela.
3- BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS
En conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002, garánteselle ao usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días desde a comunicación da súa vontade a través dun correo electrónico dirixido ao enderezo ola@nespera.gal.