nêspera editora

Somos unha editora independente con sede en Ames, creada no 2022. Nacimos coa idea de publicar obras orixinais en galego, coidadas e traballadas, tanto en contido como en forma, independentemente do seu xénero, do seu tema, e da idade e tipo de lectora á que se dirixen.

 

Entendemos nêspera, non só como unha editora que fai libros, senón tamén como un axente cultural e social dentro da nosa contorna.

 

Outro pilar fundamental da operativa de nêspera é a oferta dos nosos servizos editoriais a outras editoras ou ás propias autoras que precisen dunha infraestrutura e orientación coa que non contan para poder publicar de modo profesional.

 

Avelaíñas eléctricas foi a nosa carta de presentación. É o resultado dun tratamento coidado e meticuloso de todos os elementos que a compoñen: desde os máis visuais, como o deseño da capa, as tipografías e as cores, ata os relacionados co contido e co estilo literario, como a combinación poesía/prosa,  os peritextos,  a biografía, a puntuación e as diferenzas dialectais. 

nêspera editora nos medios

CRTVG, entrevista na Radio Galega con Menino Morreu Ver

CRTVG, entrevista no Zig Zag da Televisión de Galicia Ver

CRTVG, entrevista a Sica Romero no programa “A tarde” da Radio Galega Ver

Radio Ames, entrevista na Radio Municipal de Ames (a partir do 20′) Ver

El Correo Gallego, crónica sobre a presentación de nêspera editora e Avelaíñas eléctricas Ver

La Opinión de Coruña, reportaxe sobre nêspera editora e Sica Romero, de Patricia Hermida Ver

Praza Pública, artigo de Ana Liste sobre Avelaíñas eléctricas e nêspera editora Ver

Sermos, crítica titulada “Ourives de forma e contido”, de Mario Regueira. Ver

Sermos, artigo de Tensi Xesteira titulado “Oasis literarios que nacen”, sobre o recente nacemento de distintas editoras. Ver

La voz de Galicia, artigo de Gala Dacosta sobre as editoras independentes. Ver

Entrevista na revista cultural llegir.cat, por Víctor Bargiela. Ver

Crítica literaria de Ramón Nicolás, en La Voz de Galicia (Fugas): “Hibridación”. Ver