Ángel Suanzes é licenciado en Ciencias da Información, profesión que exerce desde o ano 1997 en diferentes medios (Radio Voz, Antena 3TV, Telemadrid, Castilla la Mancha TV, Televisión de Galicia). Desde o 2006 ate o 2023 encárgase de temas culturais na TVG, especializándose no cinema. Durante esta etapa traballa no programa Zigzag con diferentes reportaxes sobre a súa especialidade, pero tamén sobre teatro, a literatura e a música. Actualmente forma parte do programa Galicia por diante Fin de semana da Radio Galega.
Fixo coberturas de festivais internacionais de cinema como Cannes, Venecia, San Sebastián, Seminci, Sitges, e os Premios Goya. Participaou en distintos festivais de cinema de Galicia presentando galas de apertura e clausura, e moderando mesas de debate (S8, Play Doc, Curtocircuíto, Cans, Cineuropa, OUFF, Novos Cinemas, MICE).
Este traballo a prol do cinema en xeral, pero sobre todo do galego, víuse recoñecido polo Festival de Cans, en 2023, outorgándolle o Chimpín de prata “Divina Campos”.
No referente a literatura, entrevistou a notables figuras da poesía española como Mario Obrero, e presentou poemarios como o de Pilar Rego (Humanario). No 2022 participou na SELIC (Semana do Libro de Compostela), xunto con Alba Doval, onde presentaban os seus poemarios e trataban os procesos de creación literaria. A ópera prima de Ángel títulase “E se a memoria está na boca” publicada por Urutau no 2020. Polo tanto Os eucaliptos levan o lume dentro é o seu segundo poemario, unha obra onde podemos apreciar a súa evolución como autor, con poemas máis extensos e a inclusión de xogos formais e literarios.