tenda

Bestiário

25.00

As mellores palabras para presentar esta obra son as do propio autor dos textos, Vítor Vaqueiro: “Bestiário, como o seu nome indica, seguindo unha tradição bem conhecida, é unha representação, textual e visual, de quase meio cento de seres míticos pertencentes ao panteão imaginário galego, entre eles mouras, biosbardos, saca-untos, Coca, Urco ou trasnos. Cada dobre página consta da descrição literaria, […], feita por mim próprio, e a sua correspondente interpretação gráfica, trabalho realizado por Ánxel Huete.”

Unha obra ilustrada destinada ao público en xeral, sobre seres mitolóxicos galegos.

O artista Ánxel Huete debuxa máis de corenta figuras míticas galegas, unha fermosa representación gráfica que transita do icónico ao simbólico, abríndolle a porta a nosa imaxinación, a nosa creatividade. Vítor Vaqueiro, coñecedor destes seres, destes mundos, desde hai décadas, é quen nos conta dos seus atributos, das súas fazañas, con referencias aos seus semellantes noutras culturas como a irlandesa, a catalana ou a vasca.

O libro inclúe o limiar e o glosario (con todas as figuras acompañadas dunha síntese do texto principal) traducidos ao inglés, traballo realizado por Blanca Staton.

 

Referencias nos medios
Entrevista aos autores no ZigZag fin de semana.
Enlace ao programa
Entrevista de Ana Romaní aos autores no Diario Cultural da Radio Galega.
Enlace ao podcast
Mario Regueira, escritor e crítico literario, debuta como colaborador do ZigZag falando de Bestiário.
Enlace a crítica
Manuel Xestoso, escritor, tradutor e crítico, fala cos autores de Bestiário para a sección de Cultura do Nós Diario.
Enlace ao artigo
Crítica de Ramón Nicolás no Fugas, La Voz de Galicia.
Enlace a crítica