Avelaíñas eléctricas

Ficha técnica

 

Avelaíñas eléctricas

Sica Romero

 

Depósito legal: C- 690-2022

ISBN: 978-84-125536-04

 

Formato: 14×21 cm
tapa semiblanda c/solapa

 

PVP. 20€

Sica Romero

A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte.

 

Afeccionada aos libros dende ben pequena gradúase en Historia da Arte (2018) e despois cursa dous mestrados: en “Xestión de Patrimonio, Museos e Mercados” (2019), e en “Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia” (2021). 

 

Compaxinou seus estudos con traballos en distintos eidos: bibliotecaria, auxiliar de sala en museos, guía de exposicións, correctora ortotipográfica e investigadora para a edición de libros.

 

Avelaíñas eléctricas é a súa primeira novela e promete que non será a última xa que non ten pensado abandonar este novo camiño que comezou. Cun estilo propio pero influenciado por escritoras (ás que lles fixo un oco nas estanterías da súa casa), preséntanos a historia de dúas rapazas que rematada a carreira universitaria, intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras.

O estilo de Sica Romero é rápido, fluído, e encaixa perfectamente coas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos atopar actualmente no mercado do libro. Visual, porque mentres lemos a súa novela creamos esa imaxe na nosa cabeza; e poética, porque aínda que os versos non representen máis que unha vixésima parte da obra, resoan ó longo de toda a prosa. 

 

A obra trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos de Avelaíñas eléctricas. Polo tanto, a novela que publicamos pode empregarse como ferramenta pedagóxica e de reflexión para a propia lectora e/ou como ferramenta para iniciar debates en calquera ámbito social.